Inventario de campás
Basílica de Santa María a Maior - PONTEVEDRA (GALICIA)
Referencia 9983
Avenida de Santa María, 24.
36002 PONTEVEDRA
Referencia 9983
Avenida de Santa María, 24.
36002 PONTEVEDRA


Descricion A basílica de Santa María a Maior é unha das igrexas parroquiais de Pontevedra. Foi consagrada como basílica o 10 de xaneiro de 1962 por Xoán XXIII.
Este templo substitúe outro anterior. A parroquia de Santa María a Maior é a igrexa matriz de Pontevedra, aparecendo documentada xa antes da concesión do foro de vila en 1169. Daquel templo consérvanse o San Pedro da contraportada occidental e o pantocrátor da clave dunha capela da nave do evanxeo.
A súa construción comezou na segunda década do século XVI, dirixindo as obras o mestre Juan de Cuetos. A fachada, contratada en 1541 a Cornelis de Holanda e Xoán Nobre, comezou a construírse en 1544. Dado que boa parte do financiamento proviña do Gremio de Mareantes, en 1551 paralizáronse as obras debido á escaseza de sardiña. En 1559 pecháronse as bóvedas, e en 1570 pechouse o coro. A torre das campás aínda tardaría bastante en ser rematada. O retablo, rematado en 1623, foi derrubado e substituído a comezos do século XX, con deseño de Maximino Magariños. WIKIPEDIA (03-03-2019)
Campás 5 campás.
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| LA SER | Campanadas 25 de Diciembre | 2000 | |
| DÍEZ GONZÁLEZ, Juan Daniel | Galicia 2010.-V Pontevedra, Combarro... | 2010 | |
| BARÁ, Milagros | Campaneros de Pontevedra, de los Blanco a los Ocampo | 2026 |
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 18-06-2026
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Campá de sinais | ANÓNIMO (GALICIA) | 1912 | 30.00 | 16 |
| Espadana | Menor. | OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA) | 1904 | 45.00 | 53 |
| Espadana | Mediana (II). | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1930 | 75.00 | 244 |
| Espadana | Mediana (I). | ANÓNIMO (GALICIA) | 1640 | 95.00 | 496 |
| Espadana | Maior. | OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA) | 1910 | 110.00 | 771 |