Menor. - Basílica de Santa María a Maior PONTEVEDRA (GALICIA)

Menor. - Basílica de Santa María a Maior - PONTEVEDRA (GALICIA)

(Referencia 27585)
LocalizaciónEspadana
Diámetro (en cm)45
Peso aproximado (en quilogramos)53
FundidorOCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición1904
DescricionCampá menor pendurada do oco central superior da espadana. Fundida en 1904 por Melchor Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 45 cm de diámetro.
Terzo (T)3 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE AͶO DE 1904 /
1 cordón.
Medio (M)Presenta unha cruz con pedestal feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. A decoración da stipes é de tipo vexetal e a do patibulum, estrelas de oito puntas.
Medio pé (MP)3 cordóns.
Presenta sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADO POR MELCHOR / OCAMPO EN ARCOS DE / CONDESA".
CepoXugo de madeira.
Mecanismos de toqueCombinación de badalo cunha corda e electro-mazo exterior.
ValoraciónPódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
InstalaciónA instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (14-06-2026)
Editor da fichaTROIANO CARRIL, Xosé
Actualización17-06-2026
6 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)