Igrexa de San Salvador de Vilaza - MONTERREI (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Salvador de Vilaza - MONTERREI (GALICIA)

Referencia 14430

Rúa da Igrexa, 17. Vilaza.
32618 MONTERREI


Web

Descricion O documento fundacional do primitivo mosteiro, recollido no Tombo de Celanova, data do ano 985, grazas a doazón de dona Goda e a súa filla Eloina Goda. Posto baixo a advocación da Santa Cruz, estaba habitado por monxes e monxas (dúplice). Á morte de dona Goda, a súa parente e herdeira, dona Trudilla, trae para este cenobio as monxas de San Salvador e Santa María de Sabucedo, no concello de Porqueira, que ata ese intre compartían con monxes. A mediados do século XI desaparecen as referencias á Santa Cruz, pasando a denominarse de San Salvador e xa ocupado polos Coengos Regulares de San Agostiño, dependentes do bispado de Ourense. Posta baixo a advocación de San Salvador, a igrexa actual é barroca (século XVIII). Do antigo edificio románico conserva unha portada cunha arquivolta simple e chambrana con decoración axedrezada. Tamén a gran torre, coñecida como dos Templarios, de planta cadrada e xanelas a cada lado con arcos de medio punto e decoración igualmente axedrezada sobre os mesmos. A torre remátase cun aleiro sostido por canzorriños e unha balaustrada barroca, con pináculos piramidais nos cantos. A portada sur presenta unha fornela moi decorada onde hai instalado un reloxo de sol.

Pombas e outras pragas Si.

Campás 3 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 23-10-2025

21 Fotos

Autor
  • MOURE, Xabier (Patrimoniogalego.net) (23-02-2013)
  • BARBEITO, José / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (17-12-2024)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (18-12-2024)
  • HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (20-10-2025)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.RUIZ18580.00
    Torre-campanarioMediana.CABANO1845ca0.00
    Torre-campanarioMaior.CABANO18440.00

    Reloxos

    Reloxo mecánico (1)


    Existente Parado
    Directamente no eixe con manivela ou outro elemento

    Autor MANCLÚS, SALVADOR

    Editor da ficha RUIZ i ENGRA, Antoni

    Actualización 11-03-2026

    5 Fotos

    Inventario xeral de reloxos