Igrexa de San Salvador de Vilaza - MONTERREI (GALICIA)

Igrexa de San Salvador de Vilaza - MONTERREI GALICIA

Campás actuais

Menor.

(Referencia 25026)


Localización Torre-campanario

Fundidor RUIZ

Ano de fundición 1858

Descricion Campá menor fundida en 1858 posiblemente polos Ruiz de Castrelo do Val (Ourense).

Hombreiro (H) 3 cordóns.

Terzo (T) 2 cordóns /
... ✱ 1 ✱ 8 ✱ 5 ✱ 8 ✱ ... /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Dous cirios flanquean o pedestal. Os brazos da cruz teñen remates a modo de potenzada. Enriba da stipes ten a inscrición INRI. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 4 cordóns: Groso-fino, groso-fino.

2 cordóns: Groso-fino.

Cepo Non ten. Pendurada no eixo varón.

Mecanismos de toque Electro-mazo exterior.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 29-12-2024


2 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Mediana.

    (Referencia 25027)


    Localización Torre-campanario

    Fundidor CABANO

    Ano de fundición 1845ca

    Descricion Campá mediana pendurada dentro dos ocos interiores da torre-campanario. Posiblemente o seu autor sexa o mestre fundidor "Cabano". Ten moita suciedade sendo moi dificil a súa identificación.

    Terzo (T) 2 cordóns /
    inscrición /
    2 cordóns.

    Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal.

    Medio pé (MP) 2 cordóns /
    HIZOSE ..... /
    2 cordóns.

    1 cordón.

    Cepo Non ten. Pendurada no eixo varón.

    Mecanismos de toque Electro-mazo exterior.

    Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

    Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

    Autors da documentación

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 23-10-2025


    2 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Maior.

    (Referencia 26340)


    Localización Torre-campanario

    Fundidor CABANO

    Ano de fundición 1844

    Descricion Campá maior ou do reloxo pendurada do alto da torre. Fundida en 1844 posiblemente polo mestre fundidor "Cabano" en Vilanova dos Infantes, Celanova (Ourense).

    Terzo (T) 2 cordóns /
    IHS M. Y JOSE ... 1844 ⁑⁑⁑⁑⁑⁑ ⁑⁑⁑⁑⁑⁑⁑⁑⁑⁑⁑⁑⁑ /
    2 cordóns

    Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos.

    Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

    Autors da documentación

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 23-10-2025


    5 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Ficha reducida (PDF)