Tipos de sinais | Campás empregadas | Ubicación campaneiro | Momento en que se produce e descrición dos toques |
---|---|---|---|
Divinos oficios en dias solemnes, pola maña | Paula Esquilón novo Esquilón vello | Arriba | Toque que se facía nos anos 20 as 8 da maña, para iniciar o hebdomadario e os divinos oficios en días solemnes: |
Divinos oficios en días normais, pola maña | Prima Esquilón novo Esquilón vello | Arriba | Toque que se facía nos anos 20 as 8 da maña, para iniciar o hebdomadario e os divinos oficios en días normais: |
Divinos oficios en dias solemnes, pola tarde | Paula Esquilón novo | Arriba | Toque que se facía nos anos 20 as 8 da maña, para iniciar o hebdomadario e os divinos oficios en días solemnes: |
Divinos oficios en dias normais, pola tarde | Prima Esquilón vello | Arriba | Toque que se facía nos anos 20 as 8 da maña, para iniciar o hebdomadario e os divinos oficios en días solemnes: |
Toque a coro | Prima Esquilón novo | Arriba | Toque que se facía a partis dos anos 50, un as 10 menos cuarto da maña e outro as sete menos cuarto da tarde, para chamar os canonigos a coro (este toque conservase solamente o sábado para manter a tradición): |
Toque a parto | Petra | Arriba | Ata aproximadamente 1911, tocábase a campana Petra para anunciar que iba a nacer un neno, e especialmente tocábase nos partos que se consideraban iban a ser difíciles:
(Álvaro Cunqueiro, ten escrito na sua casa natal, que él fora un dos últimos mindonienses polo que a campá Petra tocara a parto)
|
A Ave María, o amencer, as doce e o anoitecer | Paula | Arriba e abaixo | Na actualidade mantense o toque as doce, os xoves e os Domingos: |
Toque a ánimas | Paula Prima Ronda | Arriba | Nos anos 20 tocábase todos os días a ánimas, as 8 en inverno e as 9 no verao: |
Toque o alzar | Paula | Arriba e a medio subir nas escaleiras da torre | Este toque facíase en algunhas misas cando se facía a consagración do pan e do viño, e era o mismo que tocar a campanilla na propia misa, soamente tocábase a Paula para que a xente que estaba traballando, soupose o que ocorría nese momento, e parase o traballo para rezar en un instante: |
Toque a incendio o calquer outra calamidade | Paula | Arriba | |
Toque a anxel | Petra Bárbara | Arriba | Toque para cando morría un neno: |
Toque a agonía (canónigo) | Petra Bárbara | Arriba | Tocase cando te avisan que morreu alguien, e neste toque tamén se dan as sinais de si e unha muller, un home, un sacerdote, un canónigo etc. E faise da seguinte maneira: |
Toque a morto | Petra Bárbara Prima Ronda Paula | Arriba | Unha vez tocado a agonía, unhas horas despois faise o primeiro toque a morto, e o día seguinte si o enterro e por exemplo pola tarde, tocase a morto media hora pola maña, e a hora do enterro empezase a tocar media hora antes de saír do tanatorio ou da casa e tocase ata que chega a igrexa, nese momento finalizase: E así sucesivamente, nas campás Petra e Bárbara o toque e como si dixera: ven, ven, ven, vai, vai, vai. |
Toque a cabodano | Arriba | E o mismo toque que a morto | |
Repenique | Petra Bárbara | Arriba | Este toque faise antes do volteo das campás maiores, e consiste en un toque conxunto das dúas campás Petra e Bárbara. Meu tío Manuel Seivane tamén facía un repenique, que utilizaba algunha vez para anunciar algunha misa e que consistía en un toque conxunto das campas Petra e Bárbara que collías as cordas con unha mán, e coa outra collía a corda do esquilón novo, e o pé ataba a corda da campá Ronda, e con todas elas facía un repenique fantástico, según me ten comentado meu pai. (Nos farémolo con tres campás Petra, Bárbara e Ronda, pero dúas persoas) |
Volteo de campás | Paula Prima Ronda | Arriba | Este toque iniciase co repenique anterior e fiase en solemnidades, procesións, por exemplo o Gloria o Xoves Santo, e o Sábado Santo as 12 da noite, nas sa Lucas, en Corpus, San Roque, o día da Asunción, San Rosendo, Baixada e Subida da Virxen dos Remedios, o dia de Noiteboa, etc. |
Falta campaneiro | Calenda | Arriba | Este toque facíase dende abaixo na Calenda e era porque o campaneiro non había chegado a tocar a torre, e entón para que comezase o coro o non tocar o esquilón, tocábase esta campá. |
Semana Santa | Carraca | Arriba | Na Semana Santa como non se poden tocar as campás dende o xoves pola tarde, entón o venres e sábado tocábase a carraca. |
Volteo da Ronda | Ronda | Arriba | A campá Ronda volteouse antes da gravación dos toques para calibrar o nivel sonoro. A campá voltea sola. |
Roda de campás | Museo | Roda de campás actualmente exposta no museo |
ÍNSUA PALACIOS, Valentín
(17-09-2016)
![]() |
||