A igrexa románica de Ventosa cumpriu onte o seu 800 aniversario cunha emotiva cerimonia na que non se esqueceu de todos aqueles que fixeron posible a construción deste templo, cuxa beleza lle outorgou o título da catedral do rural galego e que onte se vestiu de gala.
O acto coincidiu coa celebración nesta parroquia do municipio de Agolada das festas patronais do Faro. Onte a misa, en honra tamén a tan especial aniversario, estivo presidida polo bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, que estivo acompañado por preto dunha decena de sacerdotes, entre eles o párroco de Ventosa, Arsenio Galego e o franciscano José Manuel Casal. Os oficiantes aproveitaron tamén para bendicir un novo repique electrónico de campás que a igrexa estreou onte e un cruceiro de pedra que foi colocado no campo da festa a imaxe e semellanza dun antigo que foi esnaquizado polo impacto accidental dun coche.
LALÍN - LA VOZ
La Voz de Galicia (10-09-2012)
![]() |
||
© La Voz de Galicia (2012) © Campaners de la Catedral de València (2025) campaners@hotmail.com Actualización: 24-04-2025 |