"Vai cambiar o tempo, que se oe moi ben a campá da Choza"-comentou a Señora Rosa esculcando o ceo.
Na vida labrega o son das campás das parroquias da contorna constituía un medio de predicir o tempo para os días vindeiros. A maior nitidez con que se oía unha campá determinada indicaba ó labrego a dirección de onde tiraba o aire e, con iso, as posibilidades de que fosen ventos secos ou húmidos.
Neste caso, na parroquia da Laxe (Moraña) era sinal de chuvia oír a campá da Choza, por tirar o aire do Sudoeste, vento mareiro e cargado de humidade.
Pola contra, oír moi claras as campás de Cuntis era agoiro de tempo enxoito, pois o aire tiraba do norte, que aquí adoita ser moi seco.
Nas fotos: campanario de Augasantas (Rois).
GARCÍA GIMÉNEZ, Alfredo
Campás e reloxos monumentais de Galicia / Facebook (04-08-2020)
© Campás e reloxos monumentais de Galicia / Facebook (2020) © Campaners de la Catedral de València (2025) campaners@hotmail.com Actualización: 14-01-2025 |