Inventario de campás
Igrexa de San Martiño de Laxe - MORAÑA (GALICIA)
Referencia 11848
Lugar da Penagrande, 21.
36668 MORAÑA
Referencia 11848
Lugar da Penagrande, 21.
36668 MORAÑA

Descricion Igrexa de planta de cruz latina dunha nave. Capela rectangular está cuberta con bóveda de crucería dunha clave e os nervos descansan en ménsulas. O Arco triunfal de medio punto descansa sobre pilastra cadrada e un muro cuberto por bóveda de crucería. Presenta brazos de medio canon transversal e nave e arcos faixóns de medio punto sobre pilastras. Liña imposta que percorre toda a nave. Sancristía con bóveda de medio canón.
O seu frontal é exemplo do estilo imperante na zona no século XVIII, mostra do fino traballo dos mestres canteiros locais. Na fachada principal conta cunha torre-campanario á dereita, de tres corpos e destaca a porta de acceso principal con arco de medio punto. Sobre o ingreso unha fornela coa figura de San Martiño.
Presenta muros de cadeirado de granito. A cuberta é de tella a dúas augas e no seu interior garda unha cruz de prata de principios de século XVIII, obra do prateiro compostelán Domingo Trianes.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 05-01-2024
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| GARCÍA GIMÉNEZ, Alfredo | Vai cambiar o tempo, que se oe moi ben a campá da Choza | 2020 |
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Menor. | SERNA, JOSÉ FRANCISCO (SANTIAGO DE COMPOSTELA) | 1819 | 70.00 | 199 |
| Torre-campanario | Maior. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1888 | 95.00 | 496 |