
Localización Espadana
Diámetro (en cm) 55
Peso aproximado (en quilogramos) 96
Fundidor RUIZ
Ano de fundición 1889
Descricion Campá maior pendurada da pequena espadana da igrexa. Fundida posiblemente por Ruiz de Castrelo do Val, Ourense. Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
IHS SANTA MARIA ... ANO DE 1889 ✱ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior dunha estrela de oito puntas. O pedestal está flanqueado por dous cirios. Os brazos teñen remates a modo de potenzada con remate en diamante. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto, parte inferior, presenta a figura dunha Santa Bárbara cinguida de estrelas.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Pé 2 cordóns.
Cepo Xugo de madeira en mal estado.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 04-02-2025