| Localización |
Espadana |
|---|
| Diámetro (en cm) |
55 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
96 |
|---|
| Fundidor | RUIZ |
|---|
| Ano de fundición |
1889 |
|---|
| Descricion |
Campá maior pendurada da pequena espadana da igrexa. Fundida posiblemente por Ruiz de Castrelo do Val, Ourense. Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro. |
|---|
| Terzo (T) |
2 cordóns /
IHS SANTA MARIA ... ANO DE 1889 ✱ /
2 cordóns. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz cun pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior dunha estrela de oito puntas. O pedestal está flanqueado por dous cirios. Os brazos teñen remates a modo de potenzada con remate en diamante. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto, parte inferior, presenta a figura dunha Santa Bárbara cinguida de estrelas. |
|---|
| Medio pé (MP) |
3 cordóns. |
|---|
| Pé |
2 cordóns. |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira en mal estado. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Badalo cunha cadea. |
|---|
| Valoración |
Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
|---|
Autors da documentación- MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (28-01-2025)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
04-02-2025 |
|---|
| 2 Fotos |
|---|