Igrexa de Santa Mariña de Retorta - LAZA GALICIA
Campás actuais
Menor.
(Referencia 27592)


Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 75.5
Altura do bronce 67
Peso aproximado (en quilogramos) 249
Fundidor BLANCO LEMOS, ANTONIO
Ano de fundición 1963
Descricion Campá menor pendurada no interior da torre-campanario. Fundida en 1963 por Antonio Blanco Lemos en Monforte de Lemos (Lugo).
Terzo (T) 3 cordóns /
ME REFUNDIO SIENDO PARROCO D PIO CAMPERO GAYON 1963 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Tres cordóns (Groso-fino-groso) cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto superior presenta inscrición: "JHS Y MARIA". Na parte inferior presenta sinete rectangular coa inscrición: "FUNDICION / DE / Antonio Blanco / MONFORTE".
Medio pé (MP) 2 cordóns /
SOY DE RETORTA Y ARCUCELOS DOY GLORIA A DIOS POR MEDIO DE LA STMA VIRGEN STA MARINA Y SAN PIO /
3 cordóns.
Pé 2 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Autors da documentación
- HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (21-06-2026)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 26-06-2026
Maior.
(Referencia 27591)


Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 79
Altura do bronce 67
Peso aproximado (en quilogramos) 285
Fundidor CAGIGAL PEREDO, ANTONIO
Ano de fundición 1791
Descricion Campá maior pendurada no interior da torre-campanario. Fundida en 1791 por Antonio de Cagigal en Ourense.
Terzo (T) 2 cordóns /
JHS SNTA MARINA DE LARETORTA ROGAD POR NOSOTROS /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de oito chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Dous cirios flanquean o pedestal. Os brazos teñen remates en tres illas romboideas. Unha greca triangular cingue a stipes.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
YZOSE ⁑⁑ Sᴰᴼ ⁑⁑ ABAD ⁑⁑ Dᴺ ⁑⁑ JOSEF ⁑⁑ GARCIA Y PARDO ⁑⁑ CAXIGAL ⁑⁑ ME FECIT ⁑⁑ ANO DE ⁑⁑ 1791 ⁑⁑ ⁑⁑ /
2 cordóns.
Pé 3 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Autors da documentación
- HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (21-06-2026)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 26-06-2026