Igrexa de Santa Mariña de Retorta - LAZA (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santa Mariña de Retorta - LAZA (GALICIA)

Referencia 15648

Lugar de Arcucelos, 86.
32621 LAZA


Data de construción Século XIV.

Descricion Templo de estilo gótico construido no século XIV. Trátase dunha igrexa de nave única, con dimensións medias e certa esbeltez. O peche e de aparello de cadeirado de pedras. Porta arquitrabada e pequeño óculo sobre ela. Ocos con arco apuntado e cristaleira.
Cuberta a dúas augas de tella plana na nave. A torre atopábase en mal estado e reforzada por unha subestructura metálica anexa, mais esta foi rehabilitada fai uns anos. Conserva dúas entradas columnadas, labras heráldicas dentro e fora, canzorros, un fermoso rosetón, unha torre cadrada que garda máis do románico que do gótico e fiestras vidradas. Por dentro, uns capiteis do mesmo estilo, furnas para santos de pedra e pinturas renacentistas.

Campás 2 campás.

Autor
  • PXOM de Laza [https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/LAZA/documents/26331ca009.pdf (páx. 9).] (26-02-2008)
  • HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (21-06-2026)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 26-06-2026

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.BLANCO LEMOS, ANTONIO196375.50249
    Torre-campanarioMaior.CAGIGAL PEREDO, ANTONIO179179.00285