Igrexa de Santa Baia de Bousés - OÍMBRA (GALICIA)

Igrexa de Santa Baia de Bousés - OÍMBRA GALICIA

Campás actuais

Menor.

(Referencia 27438)


Localización Torre-campanario

Diámetro (en cm) 62

Altura do bronce 60

Peso aproximado (en quilogramos) 138

Fundidor BLANCO LEMOS, ANTONIO

Ano de fundición 1945

Descricion Campá menor pendurada do oco traseiro da torre-campanario. Fundida en 1945 por Antonio Blanco en Monforte de Lemos (Lugo).

Terzo (T) 3 cordóns /
JHS Y MARIA ANO DE 1945 /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes (Groso-fino-groso).
No lado oposto superior presenta unha figura de Santa Bárbara e no lado inferior sinete rectangular coa inscrición: "FUNDIACION / DE / Antonio Blanco / MONFORTE".

Medio pé (MP) 5 cordóns (2+3).

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.

Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (08-05-2026)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 10-05-2026


5 Fotos

Maior.

(Referencia 27437)


Localización Torre-campanario

Diámetro (en cm) 70

Altura do bronce 65

Peso aproximado (en quilogramos) 199

Fundidor RUIZ

Ano de fundición 1898

Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da torre-campanario. Fundida en 1898 por Ruiz en Castrelo do Val (Ourense).

Hombreiro (H) 4 cordóns.

Terzo (T) 2 cordóns /
⁎JHS⁎ ⁎ ⁎MARIA⁎ ⁎ ⁎Y⁎ ⁎ ⁎JOSE⁎ ⁎ ⁎ANO⁎ ⁎ ⁎DE⁎ ⁎ ⁎1898⁎ ⁎ ⁎ /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Flanqueando o pedestal dúas imaxes de Santa Bárbara. Os brazos da cruz teñen remates a modo de potenzada. A stipes está cinguida por unha greca triangular e enriba unha cartela coas siglas INRI. Tres cravos rectos saen dos paos da cruz, significando de que Cristo está Crucificado.
Pegado aos cordóns do medio pé, a inscrición: "⁎ SOY ⁎ VOZ ⁎ DE ⁎ ANGEL ⁎ qUE ⁎ EN ⁎ ALTO ⁎ SUENA ⁎ AVE ⁎ MARIA ⁎ GRACIA⁎".

Medio pé (MP) 2 cordóns /
⁎PLENA⁎ /
2 cordóns /
Por Ruiz (a punzón).

1 cordón.

Cepo Xugo de madeira.

Estado actual Regular a malo.

Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Observacións Fáltalle case unha metade do pé, polo lado oposto a cruz.

Autors da documentación

  • HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (08-05-2026)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 10-05-2026


7 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)