Inventario de campás
Igrexa de Santa Baia de Bousés - OÍMBRA (GALICIA)
Referencia 15564
Rúa de Fontepreve, 2. Bousés.
32613 OÍMBRA
Referencia 15564
Rúa de Fontepreve, 2. Bousés.
32613 OÍMBRA


Descricion grexa barroca en forma de cruz grega co cruceiro máis elevado co resto, con cuberta de tella cerámica a dúas augas na nave, catro no cruceiro e tres nos brazos, sobre muros de sillería regular. A fachada ten acaroada a torre, adiantada á nave e cun pórtico de tres vans de arco de medio punto e crucería; un pouco máis arriba ten unha fornela por cada un dos tres lados sobresaíntes onde están os santós patróns e Santa Baia. A torre construída en 1798, é de feitura compostelán, de catro corpos, sendo o terceiro o que acolle as campás, con catro vans de arco de medio punto, balconadas con balaustres e rematado todo nunha cúpula pétrea e unha cruz de ferro. Todos os vértices da igrexa e torre, incluído o central do presbiterio, teñen pináculos piramidais rematados en bola moi estilizados. A igrexa está rodeada dun muro separado por tramos abalaustrados e rematando cada tramo, sucesivamente, cruces e pináculos, formando un Vía Crucis.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 10-05-2026
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Menor. | BLANCO LEMOS, ANTONIO | 1945 | 62.00 | 138 |
| Torre-campanario | Maior. | RUIZ | 1898 | 70.00 | 199 |