Igrexa de San Xosé de Chandebrito - NIGRÁN (GALICIA)

Igrexa de San Xosé de Chandebrito - NIGRÁN GALICIA

Campás actuais

Menor.

(Referencia 27209)


Localización Espadana

Diámetro (en cm) 60

Peso aproximado (en quilogramos) 125

Fundidor LA INDUSTRIOSA SANJURJO

Ano de fundición 1940

Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1940 por "La Industriosa" de Vigo (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro.

Hombreiro (H) 1 cordón /
greca vexetal.

Terzo (T) 1 cordón /
JESUS ⁎ MARIA ⁎ Y ⁎ JOSE ⁎ ANO ⁎ DE ⁎ 1940 ⁎ /
1 cordón.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos da cruz teñen remates flamexados. Na parte superior cingue unha rodela de lenzos de seda. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 3 cordóns.

Presenta un sinete ovalado coa inscrición: "LA INDUSTRIOSA / SANJURJO / VIGO" /
1 cordón.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Combinación de badalo con cadea e electro-mazo interior.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 23-03-2026


5 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Maior.

    (Referencia 27208)


    Localización Espadana

    Diámetro (en cm) 65

    Peso aproximado (en quilogramos) 159

    Fundidor RUIZ

    Ano de fundición 1865

    Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1865 por Ruiz, en Castrelo do Val (Ourense). Ten unha medida estimada duns 65 cm de diámetro.

    Hombreiro (H) 2 cordóns.

    Terzo (T) Greca triangular /
    3 cordóns /
    SANJOSE ⁎ CHAN ⁎ DE ⁎ BRITO ⁎ ⁎ ⁎ A ⁎ NO ⁎ D ⁎ ⁎ 1 8 6 5 ⁎ /
    3 cordóns.

    Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Dous ciriros flanquean o pedestal. Os brazos da cruz teñen remates a modo de potenzada agás na stipes que ten unha cartela coas siglas INRI. Tres cravos rectos saen da cruz significando que Xesús está crucificado. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.

    Medio pé (MP) 3 cordóns (groso-fino-groso) /
    SIENDO ⁎ ⁎ ABAD ⁎ ⁎ D ⁎ VICENTE ⁎ ⁎ MARqUEZ ⁎ ⁎ ⁎ ⁎ ⁎ /
    3 cordóns (groso-fino-groso).

    1 cordón /
    POR RUYZ /
    2 cordón

    Cepo Xugo de madeira.

    Mecanismos de toque Combinación de badalo con cadea e electro-mazo interior.

    Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

    Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

    Autors da documentación

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 23-03-2026


    6 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Ficha reducida (PDF)