Inventario de campás

Igrexa de San Xosé de Chandebrito - NIGRÁN (GALICIA)

(Referencia: 15427)
Lugar da Igrexa, s/n.
36360 NIGRÁN


Descricion O templo foi construído nos anos 1784 e 1785 por Xoán Orxe, pola cantidade de 18.950 reais. O ano seguinte, 1786, foi erixida como parroquia independente de Camos. Non tivo párroco ata 1811.
Sufriu unha reforma importante no ano 1893, na que se fixo a bóveda actual da nave e a espadana. É unha soa nave de planta e ábsida rectangulares, ás que se lle adosou no lado sur unha sancristía.
A fachada occidental enmárcase por dúas pilastras rematadas en pináculos, ao igual que a fachada leste.
A porta adórnase cunha moldura acobadada nos ángulos. Na doela central do lintel, hai unha flor de lis dobre que serve de arranque para a peaña da base de fornela que acolle a imaxe pétrea do patrón. No lintel, partida pola flor de lis, está a inscrición do remate da obra: “HIZOSE EN — 1785” A fornela, de arco de medio punto, presenta unha moldura de cinta. Por riba dela está a ventá cadrada recercada. Remata nunha cornixa voada que fai de base á espadana de dous corpos. No primeiro, dous ocos en arco de medio punto. E no segundo, entre pináculos, outro arco de medio punto coroado por frontón semicircular que serve de base á cruz de remate. No lado norte ten catro contrafortes, mentres que no lado sur soamente tres, porque o outro correspondería no muro da sancristía.
A bóveda da nave é de canón en pedra de sillería, con tres arcos faixóns que apoian en pilastras.
O arco triunfal, máis baixo, é de medio punto, e a bóveda da ábsida ten unha sinxela cruzaría con clave central, ornamentada cun motivo vexetal, e grosos nervos. Como adorno interior ten unha cornixa perimetral na nave.
A sancristía tamén ten bóveda de canón.
Campás 2 campás.
Autor
  • FRANCO, Oscar [https://patrimoniogalego.net/index.php/29199/2012/11/igrexa-de-san-xose-de-chandebrito/] (21-11-2012)
  • CARRERA, Anxo & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (16-03-2026)
  • 3 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 23-03-2026

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.LA INDUSTRIOSA SANJURJO194060125
    EspadanaMaior.RUIZ186565159

  • Ficha reducida (PDF)
  • NIGRÁN : Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 17-06-2026

    Connectats: 45 Visitants: 44 Usuaris: 1 - alepuz