Igrexa de Santo André de Barrantes - RIBADUMIA (GALICIA)

Igrexa de Santo André de Barrantes - RIBADUMIA GALICIA

Campás actuais

Menor.

(Referencia 25590)


Localización Torre-campanario

Diámetro (en cm) 62

Peso aproximado (en quilogramos) 138

Fundidor RIVERA, CAMPANAS

Descricion Campa menor pendurada do oco dereito da torre-campanario. Fundida por "Campanas Rivera" en Montehermoso, Cáceres. Non ten data.

Terzo (T) 4 cordóns (2+2).

Medio (M) Presenta sinete ovalado coa inscrición: "RIVERA / ME FECIT / MONTEHERMOSO - CACERES / ESPAÑA".
No lado oposto, anagrama cadrado dos Rivera. Aos lados, a 90º presenta figura de follas vexetais.

Medio pé (MP) 4 cordóns.

Cepo Xugo de madeira.

Estado actual Presenta un motor en moi mal estado que servía para voltear a campá, posiblemente a unica da comarca do Salnés con este sistema.

Mecanismos de toque Combinación de badalo e electro-mazo interior.

Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé & VIEITES PAZ, Rogelio / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (25-04-2025)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 02-05-2025


6 Fotos

Mediana.

(Referencia 25589)


Localización Torre-campanario

Diámetro (en cm) 75

Peso aproximado (en quilogramos) 244

Fundidor OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)

Ano de fundición 1944

Descricion Campa mediana pendurada do oco esquerdo da torre-campanario. Fundida en 1944 por Juan Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra).

Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1944 /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen polo comezo da stipes.

Medio pé (MP) 4 cordóns.

Presenta sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADO POR / OCAMPO EN ARCOS / DE LA CONDESA".

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo e 2 electromazos interiores.

Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé & VIEITES PAZ, Rogelio / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (25-04-2025)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 02-05-2025


6 Fotos

Maior.

(Referencia 25588)


Localización Torre-campanario

Diámetro (en cm) 102

Peso aproximado (en quilogramos) 614

Fundidor MANCLÚS, SALVADOR

Ano de fundición 1960

Descricion Campa maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida en 1960 por Salvador Manclús en Valencia.

Terzo (T) 6 cordóns (3+3).

Medio (M) Presenta unha cruz cun Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Cabeza ladeada cara á esquerda cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O pano de pureza vai anoado ó centro.
No lado oposto da cruz presenta unha longa inscrición: ""LOS FELIGRESES DE LA PARROQUIA DE BARRANTES, CON TODO EL FERVOR / DE SUS ALMAS Y AMOR DE SUS CORAZONES, TIENEN EL HONOR DEDEDICAR / ESTA NUEVA CAMPANA A LA MAYOR HONRA Y GLORIA DE LOS SAGRADOS CORAZONES / DE JESUS Y MARIA CUYAS MELODIAS PORTADORAS DE LA VOZ DE DIOS / QUE NOS LLAMA COMO PADRE AMOROSO ASUS HIJOS, PARA QUE ACUDAMOS / CON VIVA FE Y SANTO CELO A ESCUCHAR SU PALABRA DIVINA Y A FORTALECERNOS / CON LOS SANTOS SACRAMENTOS Y RECIBIR EL ROCIO DE LA LLUVIA / DE GRACIAS EN EL SANTO SACRIFICIO DE LA MISA. /
SAGRADO CORAZON DE JESUS EN VOS CONFIO /
DULCE CORAZON DE MARIA, SED LA SALVACION MIA /
15 DE JULIO DE 1960" (Un cordón fino cingue esta frase).
Á dereita da cruz presenta unha figura do Corazón de Xesús e á esquerda presenta o sinete do fundidor: "FUNDICION / DE / SALVADOR MANCLUS / C. INDUSTRIA, 27 / VALENCIA".
3 cordóns (2 grosos e 1 fino).

Medio pé (MP) 1 cordón groso /
Guirlanda con motivos relixiosos.

1 cordón.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo e 2 electromazos interiores.

Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé & VIEITES PAZ, Rogelio / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (25-04-2025)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 02-05-2025


6 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)