Igrexa de San Miguel de Corzáns - SALVATERRA DE MIÑO GALICIA

Campás actuais

Menor

(Referencia 25537)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 55
Peso aproximado (en quilogramos) 96
FundidorPEREIRA A SANCTUS, JOSEPHUS FELIS
Ano de fundición 1821
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1821 porJosé Félix Pereira dos Santos en Braga, Portugal. Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro.
Terzo (T) 3 cordóns /
IHS ✱ MARIA Y ✱ JOZE ✱ 1821 ✱ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun Cristo Crucificado e cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior dunha estrela de oito puntas. Os brazos teñen remates cun rombo ou diamante. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto, na parte superior presenta unha figura de Santa Bárbara.
Medio pé (MP) 5 cordóns.
1 cordón /
Sinete en forma de escudo coa inscrición: "JOSEPHUS FELIUS / PEREIRA SANTUS / ME FECIT / BRACHARAÆ" /
1 cordón.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (30-03-2025)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 09-04-2025
5 Fotos

Maior

(Referencia 25536)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 58
Peso aproximado (en quilogramos) 113
FundidorSANJURJO BADÍA, ANTONIO
Ano de fundición 1889
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1889 por Antonio Sanjurjo nos talleres de La Industriosa que tiña en Vigo (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 59 cm de diámetro.
Terzo (T) 1 cordón /
JESUS MARIA Y JOSE ANO DE 1889 ✱ /
1 cordón.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates a modo de potenzada cun rombo ou diamante no seu remate. Dous cravos dobrados saen da cruceta. Dous cordóns cinguen polo comezo da stipes.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
PUENTEAREAS SIENDO PARROCO D. FRANCISCO JAVIER P... /
2 cordóns.
2 cordóns finos.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (30-03-2025)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 09-04-2025
7 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 11-06-2026

    Connectats: 111 Visitants: 110 Usuaris: 1 - francesc