Igrexa de Santa María de Gracia - MONTERREI (GALICIA)

Igrexa de Santa María de Gracia - MONTERREI GALICIA

Campás actuais

Menor.

(Referencia 25029)


Localización Torre-campanario

Diámetro (en cm) 70

Peso aproximado (en quilogramos) 199

Fundidor ANÓNIMO (GALICIA)

Ano de fundición 1550ca

Descricion Campá maior pendurada na torre-campanario. Fundida por autor anónimo. Non ollamos a súas data. Ten unha medida estimada duns 70 cm de diámetro. Ten inscrición gótica, a frase emplea grego, para o nome de Cristo, e latín para o resto. A frase habitual é "XPS VINCIT, XPS REGNAT, XPS IMPERAT, XPS AB OMNI MALO NOS DEFENDAT" que en realidade debería escribirse XPISTOΣ VINCIT XPISTOΣ REGNAT XPISTOΣ IMPERAT XPISTOΣ AB OMNI MALO NOS DEFENDAT" que pode traducirse como CRISTO VENCE, CRISTO REINA, CRISTO IMPERA, CRISTO NOS DEFIENDA DE TODO MAL.
Como leva unha cruz de calvario, posiblemente do século XVI (as cruces grandes non aparecen antes).

Terzo (T) 2 cordóns /
"XPS UINCIT XPS REGNAT XPS AB OMI ✚" e o signo d'abreviatura arriba "NIUM MALO NOS DEFENDAT" /
3 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal.

Cepo Xugo de madeira.

Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.


Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 19-01-2026


1 Foto

Maior.

(Referencia 25028)


Localización Torre-campanario

Diámetro (en cm) 80

Peso aproximado (en quilogramos) 296

Fundidor RUIZ

Ano de fundición 1860

Descricion Campá maior pendurada na torre-campanario. Fundidaen 1860 por Ruiz. Ten unha medida estimada duns 80 cm de diámetro.

Terzo (T) 2 cordóns /
IHS MARIA .... /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal con tres cravos rectos (Cristo Crucificado). Dous cirios flanquean o pedestal. Os brazos da cruz teñen remates a modo de Potenzada. Enriba da stipes ten a inscrición INRI. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.

Cepo Xugo de madeira.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.


Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 19-01-2026


2 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)