Inventario de campás
Igrexa de Santa María de Gracia - MONTERREI (GALICIA)
Referencia 14431
Lugar de Monterrei, 6.
32619 MONTERREI
Referencia 14431
Lugar de Monterrei, 6.
32619 MONTERREI

Descricion Igrexa gótica de pranta rectangular, con ábsida tamén rectangular, construida con muros de sillería con canzonos, contrafortes nas esquinas e comixa superior. Ten cuberta a dúas augas de tella. Na fachada oeste ten un acceso en arco da medio punto e unha ventá superior. Na fachada laleral ten unha portada moi traballada, con arco apuntado e tres arquivoltas sobre columnas. O tímpano contén as ¡maxes do Pantocrator e o Tetremorfos.
Presenta unha torre de tres corpos e pranta rectangular nunha esquina. O corpo superior ten catro arcos de medio punto con campás e está rematado con comixa e catro pináculos con bolas.
Protección BIC
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 29-12-2024
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Menor. | ANÓNIMO (GALICIA) | 1550ca | 70.00 | 199 |
| Torre-campanario | Maior. | RUIZ | 1860 | 80.00 | 296 |