Igrexa de Santa María de Figueiras - SANTIAGO DE COMPOSTELA (GALICIA)

Igrexa de Santa María de Figueiras - SANTIAGO DE COMPOSTELA GALICIA

Campás actuais

Menor.

(Referencia 24227)


Localización Espadana

Diámetro (en cm) 50

Peso aproximado (en quilogramos) 72

Fundidor BLANCO RUCABADO, FRANCISCO ANTONIO

Ano de fundición 1817

Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1817 por Francisco Antonio Blanco en Santiago de Compostela. Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro.

Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS ѧ MARIA ѧ Y JOSEF ѧ ANO DE 1817 ѧ ѧ ѧ /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns finos cinguen pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 3 cordóns.

Presenta sinete rectangular coa inscrición: "ME HIZO / FRANCIS / CO ANTº / BLANCO EN STº" /
3 cordóns.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cunha corda.

Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (30-08-2024)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 11-09-2024


7 Fotos

Maior.

(Referencia 24226)


Localización Espadana

Diámetro (en cm) 65

Peso aproximado (en quilogramos) 159

Fundidor OCAMPO, HERMANOS

Ano de fundición 1960

Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1960 polos Irmáns Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 65 cm de diámetro.

Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1960 /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 3 cordóns.

Presenta sinete circular coa inscrición: "HERMANOS OCAMPO//METALES FINOS//Fundidor de Campanas / PONTEVEDRA / CALDAS DE REYES / ARCOS DE LA CONDESA".

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cunha corda.

Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (30-08-2024)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 11-09-2024


7 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)