Inventario de campás
Igrexa de Santa María de Figueiras - SANTIAGO DE COMPOSTELA (GALICIA)
Referencia 14104
Lugar de Folgoso, s/n.
15898 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Referencia 14104
Lugar de Folgoso, s/n.
15898 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Descricion O templo de nave rectangular e traza románica, datada no século XII, e que sufriu remodelación ao largo do tempo, como ocorre en moitos templos que foron ampliados para o culto. Teito a dúas augas e tella do país con remate de pináculos nas esquinas . Cornixa con canzorros en todo o largo dos penais. A fachada barroca do século XVIII , case lisa e rebocada en color blanco, amosa enriba da porta alintelada con orelleiras, unha fornela coa figura medieval da Virxe co neno e abocinada sobre ela. Gran espadana con vans sobre pilastras que fan arcos de medio punto onde están dúas campás, rematada en pináculos nas esquinas e culminando con outro pequeno edículo con oco , e no cume unha sinxela cruz. Resaltar a riqueza das figuras dos canzorros con insculturas zoomorfas, rosetóns e motivos vexetais . Hai dous “agnus deis” nos remates dos cumes da cabeceira do edificio.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 11-09-2024
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | BLANCO RUCABADO, FRANCISCO ANTONIO | 1817 | 50.00 | 72 |
| Espadana | Maior. | OCAMPO, HERMANOS | 1960 | 65.00 | 159 |