Igrexa de San Miguel de A Rigueira - XOVE (GALICIA)

Igrexa de San Miguel de A Rigueira - XOVE GALICIA

Campás actuais

Menor.

(Referencia 23477)


Localización Espadana

Diámetro (en cm) 55

Peso aproximado (en quilogramos) 96

Fundidor BLANCO LEMOS, ANTONIO

Ano de fundición 1947

Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1947 por Antonio Blanco Lemos en Monforte de Lemos (Lugo). Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro.

Terzo (T) 3 cordóns /
JHS Y MARIA /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes. A campá presenta unha gran quebra na parte superior esquerda.

Medio pé (MP) AÑO DE 1947 CURA DE LA PARROQUIA D. JESUS F. VALIÑA /
3 cordóns.

Presenta sinete rectangular coa inscrición: "ME HIZO BLANCO / MONFORTE" /
1 cordón.

Cepo Xugo mixto de madeira e pedra.

Mecanismos de toque Combinación de badalo e electro-mazo interior.

Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (06-06-2024)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 09-06-2024


7 Fotos

Maior.

(Referencia 23476)


Localización Espadana

Diámetro (en cm) 75

Peso aproximado (en quilogramos) 244

Fundidor BLANCO CHARLO, FRANCISCO ANTONIO (1804-1878)

Ano de fundición 1861

Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1861 por Francisco Blanco Charlo en Mondoñedo. Ten unha medida estimada duns 75 cm de diámetro.

Terzo (T) 4 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de catro chanzos con decoración vexetal (pétalos). No interior do pedestal presenta o sinete coa inscrición: "MONDOÑEDO / BLANCO PALA / CIO ME HIZO". Os brazos teñen remates a modo de potenzada. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 2 cordóns /
IHS MARIA Y JOSE AͶO DE 1861 …. Dᴻ Dᴼ Mᴼ AͶTᴼ ѧ VILELA Y VOA?ѧ ѧ /
2 cordóns.

1 cordón.

Cepo Xugo mixto de madeira e pedra.

Mecanismos de toque Combinación de badalo e electro-mazo interior.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (06-06-2024)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 09-06-2024


6 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)