Inventario de campás
Igrexa de San Miguel de A Rigueira - XOVE (GALICIA)
Referencia 13840
Lugar da Ponte do Carro, s/n.
27879 XOVE
Referencia 13840
Lugar da Ponte do Carro, s/n.
27879 XOVE


Descricion Igrexa cuxa primeira reforma rexistrada data do ano 1616. Consta de nave cuberta a dúas augas pousada sobre catro arcos torais que descansan sobre pilastras, con bóveda de canón con lunetos. O cruceiro está máis elevado có resto, con cúpula sobre catro arcos torais. As capelas dos brazos, con bóveda de canón e lunetos. A fronte ten porta alintelada e principio de torre concluída en espadana. Destaca un retablo maior barroco, de dous corpos, con imaxes dos séculos XVII e XVIII. Aínda que o patrón é san Miguel, o 13 de xuño celébrase neste templo a romaría do santo Antón, unha das máis importante da Mariña.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 09-06-2024
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | BLANCO LEMOS, ANTONIO | 1947 | 55.00 | 96 |
| Espadana | Maior. | BLANCO CHARLO, FRANCISCO ANTONIO (1804-1878) | 1861 | 75.00 | 244 |