Igrexa de San Xoán de Sardiñeiro - FISTERRA (GALICIA)

Igrexa de San Xoán de Sardiñeiro - FISTERRA GALICIA

Campás actuais

Campá menor (1)

(Referencia 19434)


Localización Espadana

Diámetro (en cm) 50

Peso aproximado (en quilogramos) 72

Fundidor HONTAÑÓN HAZA, PEDRO (1795-1876)

Ano de fundición 1846

Descricion Campá menor pendurada no oco esquerdo da espadana. Fundida en 1846 por Pedro Hontañón en Orazo (A Estrada, Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro.

Terzo (T) 2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE AÑO DE 1846 /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha Custodia cun pedestal de dous chanzos.

Medio pé (MP) 3 cordóns.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Combinación de badalo e electro-mazo exterior.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Autors da documentación

  • BERNAL TORTOSA, Vicente Jesús / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (20-01-2022)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (21-01-2022)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 09-11-2022


2 Fotos

Campá maior (2)

(Referencia 19435)


Localización Espadana

Diámetro (en cm) 60

Peso aproximado (en quilogramos) 125

Fundidor OCAMPO, JUAN (ARCOS DA CONDESA)

Ano de fundición 1954

Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1954 por d. Juan Ocampo en Arcos da Condesa (Caldas de Reis, Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro.

Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1954 /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de 5 chanzos feitas de selos cadrados con 4 estrelas no seu interior. Os brazos teñen remates flamexados. Un cordón ancho cingue pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 3 cordóns.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Combinación de badalo e electro-mazo interior.

Autors da documentación

  • BERNAL TORTOSA, Vicente Jesús / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (20-01-2022)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (21-01-2022)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 09-11-2022


2 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)