Igrexa de San Xoán de Sardiñeiro - FISTERRA (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Xoán de Sardiñeiro - FISTERRA (GALICIA)

Referencia 12222

Rúa Igrexa de Sardiñeiro, s/n.
15153 FISTERRA



Descricion Igrexa de planta de salón, con grosos muros e dunha soa nave. O presbiterio, de grandes dimensións, ten planta rectangular e está separada da única nave por un arco triunfal sobre pilastras. Cóbrese con bóveda de canón e acada unha grande altura. Tres portas dan acceso á nave: a principal polo oeste e dúas transversais de menor tamaño nos muros norte e sur, e con escasa decoración. A nave cóbrese cunha bóveda de canón articulada mediante cinco arcos faixóns que se apoian sobre ménsulas rematadas nunha pequena prancha cúbica. Ós pés da nave aparece un coro alto de madeira soportado por catro modillóns.
A capela maior sobresae en altura é cóbrese cun tellado a dúas augas ó igual ca nave. O paramento é de aparello de cachotería agás na fachada, que posúe perpiaños de tamaño irregular.
A fachada actual, neoclásica, conserva do estilo barroco a moldura da xanela. Seguendo un esquema pentagonal e no eixo vertical, organízase de abaixo arriba, a porta en arco de medio punto moldurada. Sobre o ingreso vai unha ménsula e sobre ela aparece a figura de San Xoán Bautista, santo titular do templo, que fica mesmo no centro-baixo da xanela rectangular xa mencionada anteriormente e, rematando o conxunto unha espadana engadida no ano 1900, dun único corpo formado por dous arcos de medio punto onde se sitúan as campás e rematada por un tellado a dúas augas.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 09-11-2022

Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (19-04-2014)
  • BERNAL TORTOSA, Vicente Jesús / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (20-01-2022)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (21-01-2022)
  • 6 Fotos

    Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaCampá menor (1)HONTAÑÓN HAZA, PEDRO (1795-1876)184650.0072
    EspadanaCampá maior (2)OCAMPO, JUAN (ARCOS DA CONDESA)195460.00125