| Localización |
Espadana |
|---|
| Diámetro (en cm) |
56 |
|---|
| Altura do bronce |
48 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
102 |
|---|
| Fundidor | HONTAÑÓN HAZA, PEDRO (1795-1876) |
|---|
| Ano de fundición |
1832 |
|---|
| Terzo (T) |
(2 cordóns)
"JHS MARIA Y JOSE PEDRO HONTAÑON ME HIZO SIENDO ABAD D. PEDRO ANTONIO TELLADO"
(2 cordóns) |
|---|
| Medio (M) |
(00) (Cruz cunha plataforma de nove chanzos feita a base de selos e decorada a base de circuliños punteados. No medio da plataforma ou pedestal sitúanse catro rombos cinguidos por unha greca. O pau e os brazos da cruz están decorados cunha dobre ringleira de estrelas. Os brazos da cruz teñen remates potenciados e flamexados. Dous cordóns finos pasan polo medio do pau vertical (Stipites) da cruz.) |
|---|
| Medio pé (MP) |
(3 cordóns)
(00) "I832" |
|---|
| Estado actual |
A campá ten unha fenda que vai dende a altura do brazo dereito ata o pé. Posiblemente esta campá sexa refundida en vindeiras datas. Unha gran mágoa, pois deste fundidor, polo de agora, tan só temos cinco inventariadas e esta, ten a particularidade de que é a única que asina co seu nome e apelido. Esta campá é un documento único a día de hoxe cun gran valor histórico. |
|---|
| Valoración |
Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais. |
|---|
Autors da documentación- TROIANO CARRIL, Xosé (14-11-2019)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
17-09-2022 |
|---|
| 5 Fotos |
|---|