Inventario de campás

Igrexa de San Cristovo de Lema - CARBALLO (GALICIA)

(Referencia: 10380)
Lugar da Igrexa, 34.
15105 CARBALLO

Descricion Trátase dunha igrexa que posúe unha planta rectangular, cunha nave e presbiterio; este último separado da nave principal por un arco triunfal sustentado por dúas columnas con capiteis historiados e, apegado o seu muro sur a sancristía. A estrutura da cuberta é a dúas augas, cunha cubrición de tella curva do país. O interior, de escasa ornamentación, cóbrese cunha bóveda rebaixada de cemento.
En canto a fachada, de forma pentagonal e dende un eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular adovelada, con decoración de molduras e friso sobre lintel. Sobre o ingreso vai unha pequena fornela con forma de vieira que acolle á figura pétrea de San Cristovo, enriba desta un pequeno óculo que ilumina o coro. Rompendo o vértice da fachada unha base para unha espadana de dous corpos composto de dous arcos de medio punto sobre piares moldurados que serven pra aloxa-las campás. O segundo corpo descansa sobre unha cornixa, rematado por un frontón triangular moi moldurado no que se abre un arco de medio punto flanqueado por dous pináculos con bóla e todo o conxunto está coroado por unha cruz octogonal de pedra. O acceso ó campanario efectuase a través dunhas escaleiras interiores das cais, o derradeiro tramo discorre polo penal da cuberta.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé (14-11-2019)
  • Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    AutorTítuloData
    TROIANO CARRIL, XoséIgrexa de San Cristovo de Lema (Carballo- A Coruña)2019
    1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 26-03-2026

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaCampá pequena (1)BLANCO, FRANCISCO ANTONIO (VALLE DE HOZ)17564760
    EspadanaCampá grande (2)HONTAÑÓN HAZA, PEDRO (1795-1876)183256102

  • Ficha reducida (PDF)
  • CARBALLO: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 17-05-2026

    Connectats: 54 Visitants: 54 Usuaris: 0