

| | Descricion |
En canto ao campanario, a igrexa conta con nove campás, instaladas o 3 de maio de 1964, que foron feitas en Holanda con bronce doado polos devotos, tendo cada unha delas o seu propio nome e dispoñéndose dun dispositivo automático para as tres melodías: "o trece de May", "ave María" e "laudate mariam". Pola súa banda, o reloxo do templo consta dunha esfera situada nun rosetón de pedra na que se pode ler "ave virgo alba". WIKIPEDIA (08-10-2024)
Ficha técnica de Salvador MANCLÚS (1962) de fundición de seis campás de 50, 60, 80, 100, 110 e 200 kg para carillón e unha de 409 e outra de 649 kg para campás litúrxicas. As campás levan a marca OESA (ORGANERÍA ESPAÑOLA) que fixo a instalación, cada unha leva unha longa inscrición ademais do nome e non hai constancia de que fosen realizadas por unha empresa holandesa (aínda que as campás de carillón teñen un prezo de 125 pts por kg mentres que as campás litúrxicas de 72 pta). A ficha non indica que as dúas campás máis grandes teñan un cepo metálico de volteo. |
|---|
|