Inventario de campás
Santa María de Adina - SANXENXO (GALICIA)
Referencia 3296
Lugar da Igrexa, Portonovo.
36970 SANXENXO
Referencia 3296
Lugar da Igrexa, Portonovo.
36970 SANXENXO

Data de construción Século XII - XVI.
Descricion A igrexa de Adina ten a súa orixe no culto pagano á deusa Minerva que aó cristianizarse chamouse "A Digna" para finalmente transformarse na "Adina".
Templo construído sobre outro románico do que se conservan os muros e os aleros da nave, datados en 1170, aínda que a capela é do século XVI. Presenta planta rectangular, cunha soa nave con teito de madeira. A capela está cuberta con bóveda de crucería estrelada. A fachada principal é moi sinxela, destacando un arco de medio punto cunha talla pétrea da Virxe María, un rosetón e unha cruz no hastial. No lado dereito destaca unha pequena torre-campanario coroada por pináculos.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 02-01-2026
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| GAGO, Marcos | Guillermo Rodiño, de Sanxenxo, campaneiro aos 15 anos: "As campás simbolizan a nosa identidade galega" | 2022 |
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre das campás | Campá pequena (1) | OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA) | 1913 | 60.00 | 125 |
| Torre das campás | Campá grande (2) | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1916 | 80.00 | 296 |