Inventario de campás
Capela de San Bieito de Montillón - A ESTRADA (GALICIA)
Referencia 15622
Lugar do Montillón de Arriba, s,n.
36684 A ESTRADA
Referencia 15622
Lugar do Montillón de Arriba, s,n.
36684 A ESTRADA

Descricion En Montillón de Arriba érguese unha ermida en advocación de San Bieito, fundador da orde beneditina, da que xurdiron outras ordes como a de Cluny e a do Císter, que a diferenza da anterior buscaba unha vida máis sobria baseada no "ora et labora" preconizada por San Bieito. Foron os monxes cistercienses de Armenteira os que levantaron en Montillón a finais do século XII ou primeiros do XIII un convento, do que o único que queda é a pía bautismal que se atopa ao fondo da ermida.
Trátase dun pía cadrada duns 80 centímetros de lado, sen ornamentación pero cunha inscrición que en latín e con abreviaturas di: "O presbítero Fernando fixo a fonte e restaurou a igrexa chamada de San Bieito" (Bouza Brey).
En 1605 o cardeal Jerónimo del Hoyo ao falar de S. Miguel de Arca (Souto era un anexo de Arca) informa: "Hay en esta felegresía dos hermitas, la una de san Mamed y la otra de san Torcato. Junto a esta iglesia esta la hermita y granja de San Benito de Montiñón que es de los frailes y monasterio de Armentera."
A fachada principal da ermida parécese a outras moitas igrexas da contorna, como a parroquial de Souto. Levantada con bos perpiaños de cantería, presenta a porta principal alintelada e salientada por unha moldura, e enriba unha fornela de arco semicircular, onde se acubilla unha imaxe de San Nicolás, labrada en pedra. Sobre a fornela unha bufarda circular no medio dun frontón, insinuado por unha moldura.
Adorna a ermida unha espadana central, ornada na base con placas e pináculos nos extremos, con dúas campás, a do lado dereito algo mais grande que a outra, e a cada flanco da espadana un pináculo. Remata o campanario cun van con dous pequenos pináculos a cada lado e rodeado de diversas molduras, sobre as que se ergue unha cruz de ferro.
Adousada á ermida está a sancristía que tamén reedificada, segundo di unha placa: "Se restituyó esta sacristía en el año 1904, siendo abad párroco de esta parroquia D. José Porta Mosteiro".
A imaxe de San Nicolás que preside a fachada da ermida procede da antiga capela de San Torcuato/San Trocado, desaparecida a comezos do século XX. Segundo a tradición oral, a peza foi adquirida en época de fame a cambio de "tres cuncas de millo miúdo".
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 05-06-2026
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| FERRO PEGO, Luis & TROIANO CARRIL, Xosé | Campás e campaneiros da Estrada | 2023 |
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1989 | 49.00 | 68 |
| Espadana | Maior. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1884 | 52.50 | 84 |