

| | Data de construción |
Século XIII. |
|---|
| Descricion |
A igrexa, construída entre os últimos anos do século XIII e os primeiros da seguinte centuria, presenta planta de cruz latina, cunha soa nave rematada con tres capelas poligonais na cabeceira, a central máis grande que as laterais, cubertas con bóvedas de crucería. No cruceiro ábrense varias capelas. O claustro gótico foi sustituído no século XVIII por unha ampliación do cenobio.
Trátase dun templo gótico que destaca pola súa lonxitude e polas tumbas dos insignes pontevedreses que alberga. Entre elas pódese citar a do almirante-trovador Paio Gómez Chariño, que participou na toma de Sevilla en 1248, xunto a Fernando III o Santo.
A parte máis antiga do convento é a portada da igrexa, que presenta arco apuntado e arquivoltas baquetonadas, portada que se cubría hai anos cun pórtico.
A fachada ten sufrido diversas modificacións, sendo o rosetón de época posterior.
A súa cabeceira de tres ábsidas resulta especialmente esvelta desde o exterior, onde se pode ver elevada xunto ó convento e sobre muros que pertenceron á antiga muralla. |
|---|
| Campás |
2 campás. |
|---|
| AutorSARA [https://patrimoniogalego.net/index.php/21272/2012/06/igrexa-de-san-francisco-3/] (16-06-2012) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (28-05-2026) |
|