Inventario de campás
Igrexa de Santa María de Ábedes - VERÍN (GALICIA)
Referencia 15617
Lugar de Ábedes, 156.
32615 VERÍN
Referencia 15617
Lugar de Ábedes, 156.
32615 VERÍN


Descricion Igrexa parroquial de Ábedes, reconstruída en 1807, presenta algúns restos medievais románicos e marcas de canteiro que falan da súa probable orixe. O presbiterio é máis baixo que a nave e ten adherido na súa parte occidental unha sacristía. A cuberta é de tella cerámica a dúas augas sobre muros de moi boa cantería. A fachada principal, moderna, ten unha porta con arco de medio punto, dúas pilastras enmarcándoa e unha furna coa santa. Remata a fachada unha espadana con dobre oco, debaixo dun frontón triangular e encima, unha cruz latina de pedra e pináculos.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 30-05-2026
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | SANTA MARÍA DE LA ASUNCION | ROSAS, HIJO DE MANUEL | 1991 | 46.50 | 58 |
| Espadana | SANTA MARÍA | LINARES PÉREZ, HIJO DE EDUARDO (CARABANCHEL BAJO) | 1922 | 58.00 | 113 |