Inventario de campás
Igrexa de San Cristovo do convento de Vistalegre - VILAGARCÍA DE AROUSA (GALICIA)
Referencia 15588
Rúa Vista Alegre s/n. Vilagarcía de Arousa.
36600 VILAGARCÍA DE AROUSA
Referencia 15588
Rúa Vista Alegre s/n. Vilagarcía de Arousa.
36600 VILAGARCÍA DE AROUSA


Data de construción Século XVII.
Arquitecto Bartolomé Fernández Lechuga
Descricion Igrexa de San Cristobal, de estilo barroco, foi mandada construír polo arcebispo Fernando de Andrade no século XVII, sobre a primitiva ermida de San Cristóbal. Encima da porta de acceso sitúase o escudo de armas. A influencia do arte compostelá é evidente.
Contrátanse grandes artistas da época que traballaban na catedral de Santiago e no Mosteiro de San Martín Pinario. Como arquitecto traza os planos Bartolomé Fernández Lechuga, personaxe prioritario da arquitectura compostelá. As obras foron executadas por Sebastián Monteagudo. No retablo traballou Bernardo Cabrera xunto o Escultor Mateo del Prado, ambas figuras destacadas do arte barroco de Galicia. O retablo actual substituíu o orixinal de Cabrera no ano 1762.
Este templo é coñecido co nome de Igrexa de Santa Rita. Santa Rita de Casia goza de gran devoción entre os vilagarciáns e veciños de todo O Salnés, que recorren á “avogada dos imposibles” para que lles axude a resolver os seus problemas.
As celebracións teñen marcado carácter relixioso: desde moi temperán e durante todo o día celébranse misas no templo ás que acoden centenares de fieis de toda a comarca. Pola tarde ten lugar unha multitudinaria procesión que percorre as principais rúas da vila. Unha feira celta na contorna do convento, concertos e verbenas complementan o programa.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 18-05-2026
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | ANÓNIMO (GALICIA) | 40.00 | 37 | |
| Espadana | Maior. | DE LA VEGA CAMPO, JUAN MANUEL (1743-1817) | 1773 | 65.00 | 159 |