Maior. - Igrexa de San Cristovo do convento de Vistalegre VILAGARCÍA DE AROUSA (GALICIA)

Maior. - Igrexa de San Cristovo do convento de Vistalegre - VILAGARCÍA DE AROUSA (GALICIA)

(Referencia 27466)


Localización Espadana

Diámetro (en cm) 65

Peso aproximado (en quilogramos) 159

Fundidor DE LA VEGA CAMPO, JUAN MANUEL (1743-1817)

Ano de fundición 1773

Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1773 por Juan Manuel de la Vega en San Pedro de Orazo, A Estrada (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 65 cm de diámetro.
Presenta unha oración en latín dividida en dous tramos. No primeiro tramo situado no terzo: "ECCE ⁎ CRVCEM ⁎ DOMINE ⁎ FVGITE ⁎ PARTES ⁎ ADVERSÆ ⁎" e no segundo tramo situado no medio pé: "VICIT ⁎ LEO ⁎ DE ⁎ TRYBV YVDA RADIX ⁎ DAVID ⁎". Esta oración que se presenta nesta campá é unha oración de tradición popular que recolle que San Antón a deu a unha pobre muller que buscaba axuda contra as tentacións do demo. O Papa Sixto V (franciscano) mandouna esculpir na base do obelisco que fixo erixir na praza de San Pedro en Roma. Na súa tradución podemos ler: “He aquí a Cruz do Señor. Fuxide inimigos da salvación. Venceu o León da tribu de Xudá, descendente de David". Esta breve oración ten todo o sabor dun pequeno exorcismo.

Terzo (T) 2 cordóns /
ECCE ⁎ CRVCEM ⁎ DOMINE ⁎ FVGITE ⁎ PARTES ⁎ ADVERSÆ ⁎ /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruzz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior dunha estrela de oito puntas. Os brazos están cinguidos por unha greca triangular e rematadas por tres illas romboideas.

Medio pé (MP) 2 cordóns /
VICIT ⁎ LEO ⁎ DE ⁎ TRYBV YVDA RADIX ⁎ DAVID ⁎ … DE 1773⁎ ⁎ /
2 cordóns.

2 cordóns.

Cepo Xugo de madeira con panca á dereita.

Mecanismos de toque Badalo cunha corda.

Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.

Autors da documentación

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 18-05-2026


5 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)