

| | Descricion |
A súa construción pódese datar a finais do século XVII – principios do XVIII. Nos seus inicios foi unha pequena capela anexa ao pazo que se atopa ao seu carón, no que aínda existe un pasadizo que os une.
Na fachada destaca a porta que se enmarca con dúas pilastras laterais e outra enriba a modo de lintel. Na parte superior aparecen dous pináculo con bolas. Por riba dela está unha peaña semicircular que serve de base para a imaxe do Patrón colocada na fornela. Posúe tamén unha pequena ventá cadrada e un reloxo. Remátase nunha torre de base cadrada con oco en cada cara.
A igrexa de Reboreda foi construída a partires dunha máis antiga por mandato de Juan de Mondragón e frei García de Mondragón.
O retablo maior, deste mesmo século, foi obra do redondelán Antonio del Villar. A primeira ampliación foi realizada por Juan de Mondragón no século XVI. Unha segunda ampliación foi a levada a cabo por D. Diego de Araujo. O mestre de cantería foi Santiago de Pazos, que reedificou a Capela Maior. |
|---|
| Campás |
3 campás. |
|---|
| AutorFRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (17-04-2013) GÓMEZ, Antonio, TROIANO CARRIL, Xosé & VIEITES PAZ, Rogelio / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (12-06-2025) |
|