Igrexa de Santa María de Vilavella - TRIACASTELA (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santa María de Vilavella - TRIACASTELA (GALICIA)

Referencia 14594

Lugar de Vilavella, 19.
27632 TRIACASTELA



Web

Descricion Santa María de Vilavella é, en realidade, a Triacastela que menciona o Códice Calixtino no seu Liber Peregrinationis, vila que tiña o seu final a undécima etapa do Camiño Francés, tal e como a describe Aymeric Picaud, autor da obra. A igrexa parroquial (que existía xa no século X, baixo a advocación de Santa María e San Paio) domina o casarío dende unha pequena elevación que condiciona a disposición dos tres corpos do edificio: un amplo pórtico ou nártice, a nave central a a ábsida, a parte máis antiga do templo. A separación entre o presbiterio e a nave marcaa un amplo arco triunfal. A espadana ten unha base moldurada sobre a que se apoia un corpo rectangular con dous ocos para as campás, coroado con frontón triangular e pináculo con cruz.
O edificio ten rexos muros de cachotaría e cuberta de lousa sustentada por unha armazón de trabes e tirantes de madeira. No interior, o retablo maior, neoclásico e de dous corpor e tres faixas, está presidido pola imaxe da Virxe. Este retablo está acompañado por outros dous laterais, barrocos, ambos co brasón nobiliario da próxima Casa de Pacios. Todos eles presentan un bo estado de conservación e unha colorida policromía. Un deles, o do lateral sur, nun nicho, mostra a San Roque, ataviado como peregrino xacobeo. O curioso altar maior está soportado actualmente polo que foi unha antiga pía bautismal de granito, reutilizada no pasado para tal fin.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 11-03-2025

2 Fotos

Autor
  • Panel sinaléptico do lugar. (09-03-2025)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (09-03-2025)
  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (09-03-2025)
  • www.paxinasgalegas.es [https://www.paxinasgalegas.es/fiestas/iglesia-de-santa-maria-de-vilavella-triacastela-38761.html] (09-03-2025)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenorBLANCO LEMOS, ANTONIO55.0096
    EspadanaMaiorBLANCO LEMOS, ANTONIO60.00125