Maior - Igrexa de Santa María de Vilavella TRIACASTELA (GALICIA)

Maior - Igrexa de Santa María de Vilavella - TRIACASTELA (GALICIA)

(Referencia 25424)


Localización Espadana

Diámetro (en cm) 60

Peso aproximado (en quilogramos) 125

Fundidor BLANCO LEMOS, ANTONIO

Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida por Antonio Blanco en Monforte de Lemos, Lugo. Non puidemos ollar-la súa data. Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro.

Terzo (T) 3 cordóns /
JHS Y MARIA ANO DE 19?? /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior dunha estrela de oito puntas. Os brazos teñen remates Flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto presenta unha figura de Santa Bárbara na parte superior e na inferior o sinete coa inscrición: "FUNDICION / DE / Antonio Blanco / MONFORTE".

Medio pé (MP) 3 cordóns.

1 cordón.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cunha corda.

Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 11-03-2025


1 Foto

  • Ficha reducida (PDF)