Igrexa de Santa María de Anxeriz - FRIOL (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santa María de Anxeriz - FRIOL (GALICIA)

Referencia 13802

Lugar de Anxeriz, 5.
27229 FRIOL



Web

Descricion O monumento máis destacado desta parroquia é a Igrexa, dedicada a Santa María. Trátase dunha construción románica do século XII que sufriu reformas posteriores. Anxeriz foi unha das cinco primeiras parroquias que constituíron o Concello de Friol, xunto con Friol, Narla, Terra da Orde e Torredez. Isto tivo lugar no ano 1812, momento no cal se aboliu o réxime señorial e se estableceu unha incipiente administración municipal.
A Igrexa conserva a disposición litúrxica e as características do románico rural na súa planta. É de nave e ábsida únicos e rectangulares, sendo este lixeiramente máis estreito. Teito a dúas augas e no muro norte ten engadida a sancristía. A fábrica románica primitiva sufriu multitude de reformas en épocas posteriores. Tanto a sacristía como a ábsida foron refeitos en 1640, tal e como reza un sillar no exterior do templo. Na parede oriental do testeiro fica unha saeteira tapiada que puido pertencer ó templo orixinal e, en dous dos seus sillares, unha cruz inserta nunha circunferencia e unha roda de oito radios.
A porta meridional confórmase por un arco de medio punto moldurado por unha media caña na súa rosca que, a paño co muro, apóiase directamente sobre as xambas lisas. O
tímpano amosa unha serie de debuxos incisos, de talla bastante simple e un pouco tosca.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 21-05-2024

2 Fotos

Autor
  • www.romanicodigital.com [https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/LUGO_Anxeriz.pdf] (21-05-2024)
  • www.concellodefriol.es [http://www.concellodefriol.es/UserFiles/concellodefriol/Parroquias/ANXERIZ.pdf] (21-05-2024)
  • Fichas completas das campás

    Campás desaparecidas

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Menor (refundida)47.0059

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.MANCLÚS, SALVADOR197048.0065
    EspadanaMaior.BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)191565.00159