Igrexa de San Xoán de Callobre - MIÑO (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Xoán de Callobre - MIÑO (GALICIA)

Referencia 13372

Lugar de Callobre, 5.
15635 MIÑO



Web

Data de construción Século XVIII.

Descricion Igrexa de estilo predominantemente barroco do século XVIII, situada no municipio de Miño ("Municipio de Interese Turístico"). O interior é moi sobrio dende o punto de vista ornamental. De planta de cruz latina, o espazo entre o presbiterio e as capelas laterais resólvese mediante arcos de medio punto. Destacan a pila bautismal, de características románicas, e os altares coas imaxes de San Xoan e a Dolorosa. Aos pés da nave sitúase un coro alto. O exterior concentra a decoración na fachada principal. Sobresae a espadaña de dous corpos, o primeiro composta por tres machóns que dan lugar aos ocos onde se sitúan as campás, mentres que o segundo está formado por un corpo central flanqueado por pináculos. Destacan dous reloxos de sol, un na esquina da fachada principal e outro no lateral da epístola.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 29-10-2023

2 Fotos

Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (25-10-2023)
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (29-10-2023)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.CAGIGAL HONTAÑÓN, ANTONIO183555.0096
    EspadanaMaior.PALACIO, DÁMASO184665.00159