
Localización Espadana
Diámetro (en cm) 55
Peso aproximado (en quilogramos) 96
Fundidor CAGIGAL HONTAÑÓN, ANTONIO
Ano de fundición 1835
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1835 por Antonio Cagigal en Santiago de Compostela. Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro.
Hombreiro (H) 3 cordóns
Terzo (T) 2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de 6 chanzos feitos a base de selos pentagonais con decoración interior variada (estrelas de oito puntas, vexetal e xeométrica). Os brazos teñen remates; flamexada na stipes e combinación a modo de potenzada e lanceolada.
Medio pé (MP) 2 cordón /
HIZOSE SIENDO CVRA D JOAqVIN SOMOZA LAGARIÑOS ANO D 1835 /
2 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 29-10-2023
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 29-10-2023