Igrexa de Santaia de Bóveda - BEGONTE (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santaia de Bóveda - BEGONTE (GALICIA)

Referencia 13339

Bóveda, s/n.
27372 BEGONTE


Web

Descricion Trátase dunha igrexa de aparello de perpiaño e cantería, cuxa orixe é moi probablemente medieval, que se atopa moi esvaecida por reformas posteriores.
A nave, con cuberta de madeira, consta dunha fachada principal, na que se abre unha porta alintelada por fóra con arco de medio punto apreciable desde o interior.
A capela lateral posúe un arco de medio punto e unha cuberta de madeira. A capela maior ábrese á nave con arco triunfal de medio punto.
A sancristía atópase encostada á cabeceira e comunícase cos flancos do altar a través de dúas portas.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.

Campás 1 campá.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 21-10-2023

1 Foto

Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (19-05-2023)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaÚnica.QUINTANA SAGUILLO, MANUEL196760.00125