Igrexa de Santo Adrián de Toba - CEE (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santo Adrián de Toba - CEE (GALICIA)

Referencia 13224

Aldea de Toba de Abaixo, 43.
15138 CEE


Web

Descricion Igrexa de planta de cruz latina cunha ábsida de reducidas dimensións. A nave presenta unha notable desproporción con respecto ó cruceiro, formado por dúas capelas moi pequenas. No lado norte ca capela maior atopámo-la sancristía e tamén neste mesmo muro existe unha pequena estancia, con acceso desde o exterior que serve para gardar obxectos litúrxicos. Ós pés está un coro ó que se accede por unha estreita escaleira de pedra. A capela maior cóbrese con bóveda de canón; o arco de ingreso que a comunica coa nave apóiase en dúas semicolumnas. A nave cóbrese actualmente con bóveda de canón de cemento, aínda que primitivamente tivo teitume de madeira a dúas augas. A fachada principal ó oeste componse dunha porta de luz rectangular sobre a que se abre un van tamén rectangular. Un baptisterio alóxase ós pés da nave cerrado por un arco de medio punto. As capelas do brazo do cruceiro cóbrense con bóvedas de canón de cantería. Ós pés do muro sur levántase unha torre, sobre un corpo cúbico de carácter pesado e macizo. A fachada segue un esquema pentagonal na súa disposición. Remátase cun acroterio en forma de cruz.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 31-08-2023

1 Foto

Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (17-07-2013)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (31-08-2023)
  • Vídeo (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    PersoaVídeoDataDuración
    TROIANO CARRIL, XOSÉ Las campanas parroquiales de la unidad pastoral de Cee, A Coruña 07-09-2023 01:33:54

    Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.CAGIGAL HONTAÑÓN, ANTONIO183461.00131
    Torre-campanarioMaior.QUINTANA, CAMPANAS198970.00199