Ermida da Nosa Señora das Angustias. - A ESTRADA (GALICIA)

Inventario de campás

Ermida da Nosa Señora das Angustias. - A ESTRADA (GALICIA)

Referencia 12739

Lugar do Seixo, s/n.
36584 A ESTRADA


Web

Descricion Ermida situada no Lugar do Seixo na freguesía de San Miguel do Castro, A Estrada. Ten Planta rectangular con muros en mampostería con tellado aa dúas augas. Fachada moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, coa porta principal de arco de medio punto. Sobre o ingreso un óculo semicircular abucinado e, rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansa sobre piares moldurados e serve para aloxar as campás. O segundo corpo sobre cornixa, un pequeno frontón triangular curvo cun oco en arco de medio punto central, franqueado por dous pináculos moldurado con bóla. Remata o conxunto un pináculo similar ós anteriores sobre o frontón cunha cruz de forxa enriba.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 10-02-2023

1 Foto

Autor
  • PXOM da Estrada. (03-06-2013)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (10-02-2023)
  • Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    AutorTítuloData
    FERRO PEGO, Luis & TROIANO CARRIL, XoséCampás e campaneiros da Estrada2023

    Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.DE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA189240.0037
    EspadanaMaior.LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)190265.00159