Igrexa de San Pedro de Cadoalla - BECERREÁ (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Pedro de Cadoalla - BECERREÁ (GALICIA)

Referencia 11845

Lugar de Saa, 17.
27648 BECERREÁ


Web

Descricion Trátase dunha igrexa de amplas dimensións, coñecida tamén como Mosteiro do Ecce Homo. Presenta unha nave principal cuberta a dúas augas con tellado de lousa. A capela do testeiro, con bóveda de canón, actúa como contraforte da cúpula da nave central. Tres fortes piares, con arcos de medio punto, separan esta nave da lateral (que conserva vestixios de capiteis románicos) servindo ao mesmo tempo de apoio do teito.Consta de tres accesos, dous baixo a torre e outro nun lateral con porta alintelada sobre a que hai unha fornela e unha ventá rectangular. Preside o frontis unha robusta e esbelta torre apoiada sobre catro piares con arcos de medio punto que protexen o acceso ao templo; no segundo corpo da torre ábrese un van e unha seteira. Na cúpula apoia sobre catro arcos e pendentes, coroada por unha lanterna con oito ocos. No corpo superior hai catro vans e está coroado por unha cúpula.
No interior pódese ver unha imaxe do Ecce-Homo sobre unha peana, un retábulo barroco coas imaxes de San Roque, Santa Apolonia e San Xosé, e na capela lateral, un altar de pedra e as imaxes da Virxe do Carme, San Xoán e San Xosé, todas do século XVII.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 03-05-2024

1 Foto

Autor
  • MOURE, Xabier (Patrimoniogalego.net) (18-01-2013)
  • COLECTIVO PATRIMONIO DOS ANCARES (24-06-2022)
  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (27-04-2024)
  • BARBEITO, José / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (16-07-2025)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (17-07-2025)
  • Cuadrante solar
    No ano 1815, o administrador do santuario mercou un reloxo de sol por 370 reais que mandou colocar na torre do campanario.

     

    Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioSANTA BÁRBARAPORTILLA, HERMANOS (GAJANO)199458.50116
    Torre-campanarioMaior.BLANCO PALACIOS, ANTONIO (MONDOÑEDO)70.00199