SANTA BÁRBARA - Igrexa de San Pedro de Cadoalla - BECERREÁ (GALICIA)

(Referencia 23308)

Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 58.5
Peso real (en quilogramos) 116
FundidorPORTILLA, HERMANOS (GAJANO)
Ano de fundición 1994
Descricion Campá menor pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida en 1994 polos Irmáns Portilla en Cantabria. Esta campá substituiu a outra dos Blanco de Monforte de Lemos.
Terzo (T) 2 cordóns /
SANTA BARBARA /
2 cordóns.
Medio (M) Greca vexetal pegada ó cordón do terzo /
Cruz con pedestal de catro chanzos.
No lado oposto presenta unha figura de Santa Bárbara, típica figura que facían os Blanco de Monforte de Lemos (Lugo). Debaixo desta a inscrición: "SIENDO CURA PARROCO / D. ANGEL CASTRO GRANJA".
Medio pé (MP) 2 cordóns /
1994 /
2 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (27-04-2024)
  • BARBEITO, José / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (16-07-2025)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 17-07-2025
1 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)