
Localización Espadana
Fundidor RUIZ
Ano de fundición 1870
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1870 por Ruiz de Castrelo do Val, Ourense. O día 11 de setembro de 2024 douse conta de que faltaban as campás con moitos indicios de que foran roubadas.
Hombreiro (H) 3 cordóns.
Terzo (T) Presenta unha cruz con pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos rematan de forma de punta de diamante agás enriba da stipes que a coroa unha cartela coa inscrición: INRI. Tres cravos rectos saen da cruz; dous da cruceta e un no comezo da stipes, quue significan que Cristo está crucificado.
No lado oposto presenta un cadro rectangular enmarcado cunha decoración de estrelas de oito puntas e no seu interior a inscrición: "SE HIZO PORLOS / VECYNOS DELA / CALLE DE BISTA / A LEGRE ⁎ ⁎".
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 15-09-2024
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 15-09-2024