| Localización |
Espadana |
|---|
| Fundidor | RUIZ |
|---|
| Ano de fundición |
1870 |
|---|
| Descricion |
Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1870 por Ruiz de Castrelo do Val, Ourense. O día 11 de setembro de 2024 douse conta de que faltaban as campás con moitos indicios de que foran roubadas. |
|---|
| Hombreiro (H) |
3 cordóns. |
|---|
| Terzo (T) |
Presenta unha cruz con pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos rematan de forma de punta de diamante agás enriba da stipes que a coroa unha cartela coa inscrición: INRI. Tres cravos rectos saen da cruz; dous da cruceta e un no comezo da stipes, quue significan que Cristo está crucificado.
No lado oposto presenta un cadro rectangular enmarcado cunha decoración de estrelas de oito puntas e no seu interior a inscrición: "SE HIZO PORLOS / VECYNOS DELA / CALLE DE BISTA / A LEGRE ⁎ ⁎". |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Badalo. |
|---|
| Valoración |
Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
|---|
Autors da documentación- TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (11-09-2024)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
15-09-2024 |
|---|
| 8 Fotos |
|---|