Inventario de Campás

Igrexa de San Nicolao de Mosteirón - SADA (GALICIA)

(Referencia: 13700)
Lugar da Esperela, s/n.
15168 SADA


Data de construción Século XIX.
Descricion Igrexa parroquial de planta rectangular dunha soa nave cunha capela de menor altura acaroada ó muro sur da nave. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería enfuscada e pintada de branco, e cantería á vista ó redor dos ocos. A cuberta fórmase a dúas augas sobre a nave e sobre a capela, con chapa de fibrocemento.
A fachada principal de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai un oco semicircular e, rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dous corpos. Ao primeiro corpo está formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e que serven para alberga-las campás. O segundo corpo fórmao un frontón curvilíneo sobre cornixa, cun óculo e remate superior mediante pináculo e cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (16-04-2020)
  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (16-04-2020)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (19-04-2020)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 20-03-2024

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.DE LA SOTA, JUAN MARÍA18954553
    EspadanaMaior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)199565159

  • Ficha reducida (PDF)
  • SADA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 27-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 53 Visitants: 53 Usuaris: 0