Inventario de Campás

Igrexa de San Xoán de Vilamourel - PADERNE (GALICIA)

(Referencia: 12780)
Lugar Altamira, 9.
15314 PADERNE


Descricion Igrexa dunha soa nave de planta rectangular, ábsida máis baixa e estreita ca nave e, apegada ó muro setentrional da ábsida un pequeno corpo que serve de sancristía. Os seus muros son de carga, máis pilastras, de perpiaños de granito; agás no volume pertencente a sancristía que é de cachotería. Ten cuberta a dúas augas con cubrición de tella plana. Nos laterais da nave e do muro sur da ábsida destacan os típicos canzorriños característicos do Románico, así como as cruces inscritas en círculos nos piñóns da nave principal e da ábsida.
A fachada, de trazado simple, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta de acceso rectangular adovelada. Sobre o ingreso unha fornela moldurada e, sobre esta unha xanela rectangular abucinada que dá luz ó interior. Rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dous corpos franqueada por dous pináculos con bóla. O primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serve para aloxa-las campás. O segundo sobre cornixa, un frontón triangular curvo franqueado por dous pináculos con bóla. Remata o conxunto, outro pináculo con bóla cunha cruz de forxa enriba.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (11-02-2021)
  • BARBEITO, José / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTALES DE GALICIA (07-03-2021)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (06-03-2023)
  • 7 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha LLOP i BAYO, Francesc
    Actualización 10-06-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)19995386
    EspadanaMaior.SERNA, JOSÉ FRANCISCO (SANTIAGO DE COMPOSTELA)18025596

  • Ficha reducida (PDF)
  • PADERNE: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 27-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 42 Visitants: 41 Usuaris: 1 - francesc